Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Servizos sociais


Axuda a domicilio

O programa de Axuda a Domicilio ten por obxecto prestar un conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e normalizadora, aos/ás cidadáns/ás no seu domicilio, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no propio entorno de convivencia e evitando así a súa posible institucionalización, mentres isto sexa convinte e recomendable.

As prestacións que se ofrecen neste servizo son: de carácter persoal, de carácter doméstico e/o de carácter técnico ou complementario.

O programa réxese polo regulamento municipal do servizo aprobado en Pleno o 26 de marzo de 1998, e publicado no B.O.P. da Provincia do 11 de xullo do mesmo ano.
Compartir: