Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


LISTAXE CANDIDATOS PROCESO SELECCIÓN GALP

10-03-2016

Unha vez rematado o período de recepción de documentación para a inclusión no proceso de selección de persoal publicado polo GALP Seo Fisterra Ría Muros Noia Costa Sostible para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo no marco do (FEMP 2014-2020), a mesa de contratación do mesmo fai públicas as listaxes das persoas admitidas, non admitidas e pendentes de subsanación de documentación.

O prazo de presentación da documentación a subsanar remata o vindeiro luns 14 de marzo as 14:00h, toda a documentación deberá aportarse cotexada e non se cotexará no lugar de entrega que será a Cofradía de Muros (Rúa Castelo Nº1).

As listaxes definitivas de admitidos para a proba escrita serán publicadas o martes 15
de marzo no endererezo http://www.costasostible.com/  e nos lugares indicados nas bases. A proba escrita terá lugar o mércores 16 de marzo as 11:00 nas oficinas do GALP en Noia (Rúa Espiritu Santo Nº 4)

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: