Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ETIQUETAXE DE ALIMENTOS E ALIMENTOS FUNCIONAIS

27-04-2016

A Aula CeMIT de Fisterra organiza a charla: "Etiquetaxe de alimentos e alimentos funcionais". Dita actividade ofrecerase en modalidade de videoconferencia coa colaboración da Escola Galega de Consumo e terá lugar o luns día 2 ás 10:30 da mañán. Na charla abordaranse os seguintes puntos:

  • A etiquetaxe dos productos, que está presente a diario nas nosas compras, aínda que moitas veces non nos decatemos. Cando imos ao supermercado atopamos estanterías cheas de produtos, moitos deles con envoltorios que chaman a nosa atención... pero, en que nos baseamos para escoller un produto ou outro? Reparamos nas etiquetas? Dánnos unha información útil? Entendemos esa información e coñecemos todos o conceptos que aparecen nas etiquetas? Esta charla pretende resolver todas estas preguntas e nela aprenderemos a ler correctamente as etiquetas para coñecer toda a información que ofrecen e, deste xeito, escoller o produto que mellor se adapte ás nosas necesidades. 
  • "Alimentos funcionais". Os alimentos funcionáis son aqueles que, ademais de ter as súas propiedades habituais, teñen algún efecto que achega beneficios adicionais para a saúde. Adoita ser un efecto preventivo ou protector. É dicir, pode ser un efecto de melloría para a saúde ou a diminución do risco dunha enfermidade (colesterol, efectos asociados á menopausia, etc).Aprenderemos a coñecer estes produtos e a identificar os seus pretendidos efectos adicionais.

 

Máis información e inscricións: Na Aula CeMIT Fisterra ou no tlf.:673081740

Compartir:

Novas por anos: