Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

04-11-2016

O Concello de Fisterra está a elaborar a súa Estratexia de Sustentabilidade Ambiental para contribuír a mellorar o seu comportamento fronte o cambio climático, con base no estado ambiental actual. A estratexia está relacionada, principalmente, coa redución dos gases de efecto invernadoiro e a adaptación aos efectos adversos do cambio climático.

A Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio emitiu unha orde para que as entidades locais elaboren Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas. Dita estratexia esta cofinanciada con fondos europeos de desenvolvemento rexional (FEDER) no marco operativo Feder Galicia 2014-2020.

Para a posta en marcha da Estratexia é necesaria a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático, buscar a súa corresponsabilidade, de xeito que modificando os seus hábitos, reduzan emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e demanden ao resto de axentes (empresas, administracións, etc) unha maior consideración desta problemática nas súas actividades.

A continuación axúntase unha enquisa que resulta imprescindible para o desenvolvemento da Estratexia e que nos permite analizar aspectos como o grao de información e coñecemento sobre o cambio climático, o grao de responsabilidade que está disposto a asumir o cidadán e as tarefas a levar a cabo para lograr a mitigación do cambio climático.

Agrademos de antemán a todas as persoas a realización de dita enquisa.

Enquisa de Sustentabilidade Ambiental

 

Compartir:

Novas por anos: