Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CANDIEIRA: REDE DE APOIO Á MULLER DA COSTA DE GALICIA

26-07-2017

Candieira, Rede de apoio á muller da costa de Galicia é un proxecto de cooperación promovido por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) nacido para alentar o empoderamento e acompañar o emprendemento das mulleres do mar.

Fisterra pertence ao territorio que abranguen os GALP participantes (Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Seo de Fisterra Ría Muros-Noia Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Vigo-A Guarda) e polo tanto forma parte tamén de Candieira.

Si a resposta as seguintes preguntas é sí entón Candieria é o sitio correcto para comezar:

  • Queres emprender desde a innovación?
  • Tes unha idea xenial pero non sabes como levala a cabo?
  • Gustaríache impulsar o teu proxecto con persoas expertas que te acompañen?

Máis información en:

http://www.candieira.net/ , info@candieira.net ou no Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra no tlf.:981740001

 

 

Compartir:

Novas por anos: