ACTIVIDADES NADAL 2009
30-11-2009
O Concello de Fisterra ten programadas as seguintes actividades para disfrutar durante este Nadal:-Do 5 ao 8 de decembro:
IV Mostra de artesanía no faro de Fisterra. Durante todo o día.
-Venres, 11 de decembro:
Obradoiro de elaboración dun centro de mesa de flores secas de nadal. Para maiores de 18 anos.
Ás 17:00h. no salón de plenos do Concello. Inscrición no propio Concello.
-Sábado, 12 de decembro:
Títeres: Os barballocas van de camiño. Ás 19:00h. na casa da cultura de Sardiñeiro.
-Domingo, 13 de decembro:
Bingo popular para os nosos maiores. Chocolatada, mazapáns, pastas, partidas de bingo, de barallas, música,...
Para os maiores de 55 anos,ás 18:00h na casa da cultura de Sardiñeiro.
Inscrición no departamento de cultura ou no tel:981740001.
-Venres, 18 de decembro:
Obradoiro de elaboración dun tapete de nadal. Para maiores de 18 anos.
Ás 17:00h no salón de plenos do Concello. Inscrición no propio concello.
-Domingo, 20 de decembro:
Festa de nadal coa visita de papá noel, xogos, bailes, ...
Ás 18:00h no pavillón municipal.
-Xoves 24, Noiteboa:
Títeres: Tolo conto de nadal.
Para o público en xeral, ás 18:00h no salón de plenos do Concello.
-Venres 25, día de Nadal:
Concerto de panxoliñas. Para o público en xeral, ás 20:00h na capela do Bo Suceso.
-Luns 28 e mércores 30:
Creación e deseño de tarxetas de nadal dixitais e carta os reis magos.
Ás 17:00h. na Aula de Informática.
Inscricións antes do día 23 no departamento de cultura ou no tel:981740001.
-Martes, 5 de xaneiro:
Tradicional cabalgata dos reis magos.
Pola mañá percorrido dos reis magos de oriente polas aldeas.
Ás 16:30h percorrido por Sardiñeiro e a continuación desfile polas rúas de Fisterra onde se rematará coa entrega de caramelos na praza da constitución.
En caso de mal tempo realizarase todo no pavillón municipal.