Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


HOMENAXE O PESQUEIRO "O BONITO"

13-01-2009

O vindeiro 18 de xaneiro celebrarase o 50 aniversario do afundimento do bonito que se produciu no ano 1960. Con este motivo o Concello de Fisterra e a Cofradía de Pescadores "Nosa Señora das Areas" teñen organizado o seguinte programa:

-Domingo, 17 de xaneiro
Ás 18:00h. na lonxa Homenaxe aos mariñeiros mortos nas nosas augas.
Intervirán:
-As familias afectadas.
-D. José Manuel Traba Fernández, alcalde do Concello de Fisterra.
-O Patrón Maior da Cofradía de Pescadores, José Manuel Martínez Escarís.
-Alexandre Nerium (poeta fisterrán)
Descubrimento da placa conmemorativa e ofrenda floral, todo o acto acompañado co coro parroquial.

-Luns, 18 de xaneiro
Ás 19:00h. Na Igrexa de Sta. María das Areas terá lugar o funeral polos falecidos no Bonito (misa cantada)

-Do 17 ao 31 de xaneiro
Exposición de fotografías adicadas ao pesqueiro "O Bonito" na lonxa en horario de tarde"
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: