ENTROIDO 2010
28-01-2010
Xa está a punto de comenzar o entroido fisterrán e este ano o pregón correrá a cargo de Xosé Manuel Fernández Moreira integrante do grupo Non Hai Fallo que colabora no programa Lúar da TVG.As actividades previstas para celebrar o Entroido 2010 son as seguintes:
Sábado, 13 de febreiro:
Ás 17:00h: Concentración das comparsas na Cruz de Baixar.
Ás 17:30h: Desfile pola vila acompañadas pola Banda de Gaitas O Rumbo de Sardiñeiro e pregón do Entroido 2010 na praza da Constitución.
Domingo, 14 de febreiro:
Ás 17:30h: Concurso de disfraces Infatís na praza da Constitución.
GRUPOS………..90€ (mín. 3 persoas e máximo 15)
PARELLAS…….60€
INDIVIDUAL…..30€
Na modalidade do concurso de grupos deberase realizar unha parodia por parte dos participantes.
Todo o concurso estará amenizado polo Grupo Fantasía Animación.
Luns, 15 de febreiro:
Ás 11:00h: Concurso de máscaras para os máis pequenos no Salón de Plenos do Concello.
Martes, 16 de febreiro:
TRADICIONAL CONCURSO DE COMPARSAS, ás 18:00h, na praza da Constitución.
PREMIOS:
1º PREMIO……….1.500,00€
2º PREMIO………..1.200,00€
3º PREMIO………..900,00€
O resto das comparsas participantes que non obteñan ningún premio recibirán unha axuda económica de 300€. Tamén se fará a entrega de premios do Rei e da Raíña do entroido 2010 e do concurso de máscaras.
NOTA: En caso de mal tempo, as distintas actividades levaránse a cabo no Pavillón Municipal.