SEMANA SANTA DE FISTERRA
05-03-2009
Semana Santa (Declarada de Interese Turístico Nacional)Venres, 26 de marzo: Ás 19:00h. Misa solemne cantada polo coro "Nosa Sra. das Areas" dirixido por Moncho Domínguez Calvo.
A continuación a tradicional Procesión da Virxe da Dolorosa, acompañada pola banda "Eduardo Pondal".
Domingo, 28 de marzo: Ás 11:15h na Capela do Bo Suceso, a Bendición de Ramos e a continuación procesión ata a Igrexa Santa María das Areas acompañada pola Banda "Desiderio Paz" onde se celebrará a Santa Misa. A misa será cantada polo coro "Nosa Señora do Carme" dirixido por Carlos Velasco.
Xoves Santo, 1 de abril: Ás 20:00h na igrexa parroquial representarase a Última Cea e lavatorio de pés. A continuación, Oración do Horto e Prendimento de Cristo o que sigue a procesión do Paso da Oración do Horto á que acompañará a Banda "Desiderio Paz".
Venres Santo, 2 de abril: Ás 11:30 h. Na praza de Santa Catalina comeza o Vía Crucis. . Na praza da Constitución o Santo Encontro seguindo ata a Igrexa Parroquial. Acompañará a procesión a Banda "Eduardo Pondal".
Pola tarde ás 20:00h na Igrexa de Santa María das Areas Liturxia do Día. A continuación o ACTO DO DESENCRAVO.
Seguidamente terá lugar a procesión do Santo Enterro, considerada unha das de maior tradición de Galicia. Será acompañada polas Bandas de "Santa Cruz de Rivadulla", "Eduardo Pondal" e "Desiderio Paz".
Sábado, 3 de abril: Ás 21:00h Vixilia Pascual na Igrexa Parroquial Santa María das Areas.
Domingo de Resurreción, 4 de abril: DÍA DO CRISTO. Ás 12:00h. Escenificación da Resurreción do Señor no campo da Igrexa Parroquial. Acompañará os actos a Banda de Música "Santa Cruz de Rivadulla".
Misas ás 8:00, 9:00 e 10:00 h.
Luns, 5 de abril: Ás 12:00 h. Misa solemne polos devotos do Santo Cristo cantada polo coro "Santa María das Areas".