III Aniversario Cabo Fisterra: Patrimonio Europeo
25-03-2010
Coincidindo co III Aniversario de Cabo Fisterra- Patrimonio Europeo, o Concello de Fisterra ten previsto organizar para a Semana Santa diversas actividades dentro do programa “Camiñando ao Finisterrae” que engloba unha serie de camiños que os peregrinos e visitantes poden atopar ao chegar a Fisterra: O Camiño da Historia, da Cultura, do Deporte e o Camiño Relixioso e Espiritual-Camiño da Historia (Sábado, 27 de marzo):
FISTERRA EN (CANTA) NO CAMIÑO. Ás 18:00h. no Faro de Fisterra. Conferencia sobre o "fin do camiño" acompañada coa Coral CANTICORUM.
-Camiño da Cultura:
.Domingo, 28 de marzo: TEATRO PASO DE VALVERDE. Coa obra "Un día no circo". Ás 18:00h. na Casa da Cultura de Sardiñeiro.
.Mércores, 31 de marzo: ESPECTÁCULO DE TÍTERES "MARCOS, ELBA E OS XOGUETES ENCANTADOS". Sobre a igualdade de sexos e destinado ao público familiar. ÁS 19:00h. no salón de Plenos do Concello.
-Camiño do Deporte (Luns 29, martes 30 e mércores 31 de marzo):
MARATÓN DE TENIS. No pavillón municipal durante todo o día. Inscrición no concello antes do 25 de marzo. Destinado a tódalas idades.
-Camiño Relixioso e Espiritual:
.Xoves Santo (1 de abril): Ás 20:00h. Última Cea, Lavatorio de Pés e Paso da Oración ao Horto.
.Venres Santo (2 de abril):
-Ás 8:00h. Prendimento de Xesús.
-Ás 11:30h. o Vía Crucis e Santo Encontro.
-Ás 20:00h. Acto do Desencravo, que culminará coa procesión do Santo Enterro.
-Sábado Santo (3 de abril):Ás 21:00h. Vixilia Pascual na Igrexa Parroquial.
-Domingo de Resurreción. Día do Cristo (4 de abril): Ás 12:00h. Escenificación da Resurrección do Señor.
-Luns, 5: Ás 12:00h. Misa solemne.
Exposición fotográfica:
No Faro de fisterra partir do martes, 30 de marzo ata finais de abril en horario continuo.
O encargado da exposición é o fotógrafo profesional do municipio, Javier Sar. As fotografías farán un pequeno percorrido polas praias de mar adentro e mar afóra, as súas increíbles postas de sol, os seus monumentos,...
Ademáis a exposición estará acompañada dunha proxección dun video de semana santa con todos os actos relixiosos.