Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


4º Carreira Pedestre Popular da Costa da Morte-El Correo Gallego

06-04-2010

O Grupo Correo Gallego organiza a IV Carreira Pedestre Popular Costa da Morte, que se celebrará o vindeiro domingo, 25 de abril de 2010, na localidade de Fisterra ás 10:30h.
As inscricións poderanse formalizar a partir do xoves, 1 ata o mércores 21 de abril, Online a través de www.elcorreogallego.es, seguindo as instruccións que figuren nesa páxina. Tamén se poderán formalizar dentro destes prazos, pero de luns a venres, na delegación do GRUPO CORREO GALLEGO situada na Avda. Fernando Blanco, 47A-1ºA de Cee, de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:30h, así como na Aula de Informática Municipal de Fisterra sita na rúa Santa Catalina, 1(sótano 2 da casa do Concello)de 8:30 a 14:00.
Non se admitirán inscricións fóra destes prazos.

Información:No teléfono 981747718 ou a través do E-mai:comercialcostadamorte@elcorreogallego.es
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: