Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


CURSOS PROXECTO REDE XIANA: ACTIVIDADES DE VENTA (629 HORAS)

09-04-2010

DESTINATARIOS: Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego na Oficina de Emprego correspondente e coa tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada

REQUERIMENTOS:Poderán inscribirse aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:
-Estar desempregado/a e inscrito na Oficina de Emprego correspondente coa tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.
-Ter cumpridos 18 anos de idade.
-Estar empadroado/a nalgún dos concellos adheridos ao proxecto.
-Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
.Xóvenes menores de 30 anos.
.Persoas maiores de 45 anos
.Parados/as de longa duración (máis de 2 anos en situación de desemprego)
.Inmigrantes non comunitarios con permiso de traballo.
.Persoas afectadas por unha minusvalía física, psíquica ou sensorial que non suponía ningún impedimento físico ou psíquico que lle implida o normal desenvolvemento do curso e da profesión á que vai asociada a formación)
.Persoas sometidas a maltrato físico ou psíquico.
.Persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social tales como ex toxicómanos ou ex reclusos.
.Persoas pertencentes a etnias desfavorecidas ou minoritarias na sociedade.
.Xóvenes que non superasen a ensinanza obrigatoria.
.Coidadores/as non profesionais que atenden a persoas en situación de dependencia.
-En función dos cursos nos que desexe inscribirse, cumprir cos requisitos de formación para cada unha das accións formativas:
Actividades de venta: Ciclos Formativos de Grado Medio da LOGSE ou a formación profesional de primeiro grao (FP1).

PRAZO E INFORMACIÓN:
As datas para inscribirse nestes cursos son do 5 ao 30 de abril (ámbolos dous inclusive).
Para mais información poden acudir ó Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra, no teléfono 981740001 ou tamén por medio da páxina web www.redexiana.org
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: