Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


LETRAS GALEGAS 2010

03-05-2010

Con motivo da celebación do día das Letras Galegas 2010 o concello de Fisterra ten programadas as seguintes actividades:

-Venres, 14 de maio: Inauguración da exposición "A REPRESIÓN LINGÜÍSTICA".Ás 17:00h.no faro de Fisterra.
Do 14 ao 31 de maio.
Horario: de 12:00 a 20:00h.

-Sábado, 15 de maio: Taller infantil das letras acompañado dun contacontos. Ás 11:00h. no salón de plenos do concello.
Inscricións: Antes do 13 de maio no departamento de Cultura en horario de 9:00 a 13:00 ou ben chamando ao teléfono 981740001.

-Domingo, 16 de maio: X.H. Rivadulla Corcón recitará o poemario Camiño ao mar acompañado polo trompetista e músico polifacético Franky Valencia. Será as 19:00h. no faro de Fisterra.

-Luns, 17 de maio: Planetario portátil. O cosmos no porto de Fisterra. Destinado aos máis pequenos e haberá varias sesións de 11:00h ata as 14:00h.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: