REGALOS EN GALEGO
23-12-2010
O Concello de Fisterra, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística está a difundir Agasallo. Propostas de regalos en galego, unha guía editada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), e na que se dan arredor de 250 ideas de regalos en galego para o tempo de Nadal.Agasallo inclúe unha selección de novas creacións e productos, de libros, discos, aparellos electrónicos, fragancias, camisolas, cinema, xogos, etc. Todas as ideas que inclúe este catálogo teñen unha cousa en común: a lingua galega.
A guía pódese consultar a través do enderezo web www.agasallo.eu