Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


SEMANA SANTA EN FAMILIA NA VILA DO CRISTO

08-04-2011

Durante o mes de abril están previstas as seguintes actividades:

-Sábado, 16 de abril:
I Festival House Finisterrae.
A partir das 22:30h. no campo cuberto de Sardiñeiro. 10 horas de música con DJ de recoñecida trayectoria. Exhibición de quads, motos...
Organiza: Novas Xeracións Fisterra.

-Domingo, 17 de abril:
Exhibición de danza e música tradicional Galega.
Ás 18:00h. no paseo da Ribeira de Fisterra.
Organiza: APA Nosa Señora do Carmen.

-Luns, 18 de abril:
Teatro "Os Magníficos Confetti Brothers".
(Público a partir dos 10 anos) 75 minutos de duración. Ás 19:30h. no Salón de actos novo do Concello de Fisterra.
O espectáculo conta a historia de dous emigrantes galegos que chegaron a New York coma polisóns nun barco e acabaron como cómicos en Las Vegas e na televisión americana.

-Partidos Liga Federal Fútbol 7. Fisterra contra Muros ou Carnota, no campo municipal Ara-Solis.
Horario: Consultar no teléfono 981740001 ext.1 Deportes.

-Martes, 19 de abril: Maratón familiar da escola municipal de fútbol 7.
Partidos de pais e nen@s da escola municipal. A partir das 15:00h no Campo Ara-Solis.

-Mércores, 20 de abril: Espectáculo "Zapatos" para nenos de 1 a 5 anos.
Ás 19:00h. no Salón de actos novo do Concello.
Obra de teatro para os máis cativos da Compañía Caramuxo teatro. Duración 40 minutos.

-Partidos Liga Federal Fútbol 7. Fisterra contra Muros ou Carnota, no campo municipal Ara-Solis.
Horario: Consultar no teléfono 981740001 ext.1 Deportes.

-Sábado, 23 de abril: Partidos Liga Fútbol 7.
Ás 11:00h Fisterra-Dumbría, no campo municipal Ara-Solis.

-II Trofeo Juan Insua Castro: Ás 17:00h. Fisterra-Cee, no campo municipal Ara-Solis.

-Venres, 29 de abril: Recital poético:
Presentación do libro: "Noites, amenceres...e algo máis" de Asun Estévez, acompañado dun recital poético e de música.
Entrega dos premios do II CONCURSO DE POESÍA CABO FISTERRA. Ás 19:30h. no Salón de actos novo do Concello.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: