II CONCURSO DE POESÍA CABO FISTERRA
03-05-2011
O II Concurso de poesía Cabo Fisterra xa ten gañadores. Tratase dun xoven da localidade, Xoán Silva Pazos (na categoría de maiores de idade) e un adolescente baiés, Darío Miranda Pastoriza (na categoría de entre 13 e 18 anos).Antes de que os gañadores recollesen os seus galardóns e recitasen os poemas premiados, o público disfrutou dunha orixinal presentación literaria por parte da escritora pontevedresa Asun Estévez. Cos guitaristas Estela Martínez Martínez e Alejandro Lorenzo Díaz, no acompañamento musical, a poetisa recitou algúns dos seus versos que dan forma o seu libro Noites, amenceres...e algo máis.