TEATRO DE RÚA
24-06-2011
O domingo 10 de xullo, ás 20:00 horas na praza da constitución de Fisterra, Panamesiana teatro presenta:Oh, que bonito é Panamá. Teatro de rúa.
Con Mónica García(atriz galega que interpretou a serie pratos combinados),Tomás Lijó (actor e humorista galego nado en Sardiñeiro-Fisterra) e Petra Hofman.(directora da obra)
A actriz Mónica García e o actor Tomás Lijó son dous dos tres protagonistas da peza escrita por Janosch, dando vida, respectivamente, ao tigre pequeno e ao oso pequeno que deciden emprender unha viaxe tras pescar unha misteriosa caixa con olor a plátano e a inscrición da palabra Panamá. A outra intérprete é a actriz alemá Petra Hofmann, quen, ademáis de dirixir a obra, dá vida a seis dos seus personaxes