Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS

11-07-2011

O Concello de Fisterra iniciará en vindeiras datas, dentro das accións formativas orientadas a persoas desempregadas, o curso "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións socias", de 470 horas.

Os niveis formativos mínimos que deben cumprir os/as alumnos/as que participen no mesmo son os seguintes:

Títulos/equivalencias:
-Graduado/a en E.S.O. ou en Educación Secundaria (LOGSE).
-2º BUP con máximo de 2 materias pendentes.
-Técnico (ciclo formativo grado medio)
-Técnico auxiliar (FP1)
-Técnico deportivo, de artes plásticas e deseño, oficialía industrial, técnico militar, 3 cursos comúns do plan do 63 ou 2 cursos comúns do ano 1984(Artes Aplicadas e Oficios artísticos).

Nivel mínimo de lingua galega:
CELGA 2 ou equivalentes.

As persoas interesadas en formar parte do proceso de selección terán que inscribirse no Oficina de Emprego de Cee, como solicitantes do curso.

Máis información: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra no tle. 981740001 de 8:30 a 14:30h.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: