Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


ACTIVIDADES NO NADAL

16-12-2011

Os cativos de Fisterra non paran neste Nadal. O pasado fin de semana a lonxa de Fisterra foi escenario dunha obra de títeres o sábado e unha de teatro o domingo onde asistiron cada día preto de 180 persoas, entre nen@s, adolescentes e adultos.
O sábado coa compañía Titeres Cachirulo e o domingo con Caramuxo teatro coa obra Historia dunha semente onde o público pasou unha hora cargada de risas e aplausos.

Pero isto non é todo, os alumnos de 4º de infantil dos Colexios do municipio coñeceron o Telecentro municipal, no que tiveron a oportunidade de falar con Papá Noél e contarlle o ben que se portaron neste ano e os agasallos que anhelaban.
A conversación foi a través dunha Videoconferencia na aula CeMIT da vila.Asistiron preto de 40 nenos.

E esta fin de semana as actividades son destinadas para maiores de 16 anos con dous talleres de elaboración de centros de mesa de Nadal en Fisterra e Sardiñeiro,durante o venres e sábado.E o sábado ás 11 da mañá no salón de actos novo do Concello os pequenos disfrutarán dunha mañá de Contacontos de Nadal coa compañía duendesico.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: