Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


NADAL CULTURAL NO FINISTERRAE

29-11-2011

o Concello de Fisterra organizou as seguintes actividades, destinadas a tódalas idades para celebrar o vindeiro nadal:

-Sábado, 3 de decembro:
XVIII Concurso de postais de nadal. Destinado aos alumnos de primaria e da E.S.O do Concello. Ás 11:00h no salón de actos.

-Do 3 ao 11 de decembro:
Mostra de artesanía no Faro de Fisterra.
Horario: De 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h.

-Sábado, 10 de decembro:
Títeres Cachirulo e a representación de "Alicia no País das Maravillas" (Público infantil), ás 19:00h. na lonxa de Fisterra.

-Domingo, 11 de decembro:
Caramuxo Teatro con "Historia dunha semente" (Público en xeral), ás 19:00h. na lonxa de Fisterra.

-Mércores, 14 de decembro:
Videoconferencia con Papa Noél. Destinado a nen@s de 3 anos do Concello. No Telecentro municipal, ás 12:00h.

-Videoconferencia co Telecentro de Bos Aires. Aquelas persoas interesadas en comunicarse con algún familiar de Bos Aires poden solicitar información no tle. 981740001 ext.1

-Venres, 16 de decembro:
Taller de centro de mesa de Nadal en Fisterra.
De 16:00 a 20:00 no salón de actos do Concello, para maiores de 16 anos.
Incrición antes do 14 de decembro no tle. 981740001 ext.1

-Sábado, 17 de decembro:
.Contacontos para os máis pequenos en Fisterra (Público infantil)
Ás 11:00h. da mañá no salón de actos do Concello.
.Taller centro de mesa de Nadal en Sardiñeiro. De 16:00 a 20:00h. na casa da cultura de Sardiñeiro (maiores de 16 anos).
Inscrición antes do 14 de decembro no tle. 981740001 ext. 1.

-Venres, 30 de decembro:
Títeres Duendesico (Público infantil). Ás 19:00h. na casa da Cultura de Sardiñeiro.

-Xoves, 5 de xaneiro de 2012:
Tradicional Cabalgata de Reis.
Pola mañá percorrido polas aldeas. Ás 16:30h. percorrido por Sardiñeiro e a continuación desfile pola vila de Fisterra acompañados de animación pola rúa e recepción dos Reis Magos no Pavillón Municipal con hinchables, talleres e xogos para os máis pequenos.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: