Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


AULA CEMIT FISTERRA

04-01-2012

A Xunta de Galicia puxo en marcha a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT, que se configura como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a sociedade da información en Galicia e tamén das políticas de goberno en áreas como o emprego, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. Deste xeito, CeMIT coordina as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas a conseguir a alfabetización dixital da sociedade galega e o desenvolvemento da sociedade da información.

Na Aula de Fisterra impartíronse 264 horas de formación en alfabetización dixital, un total de 20 obradoiros aos cales asistiron 145 persoas. Tamén houbo sitio para a teleformación, mediante a cal se ofreceron 3 cursos impartidos por videoconferencia (Creación de videoxogos, Creación de webs para dispositivos móbiles e Streaming de audio e vídeo)
Ademais da formación, as aulas CeMIT ofrecen o servizo de Aula Aberta, isto é, a posibilidade á cidadanía en xeral de acceder de maneira libre e gratuíta ás instalacións CeMITe utilizar o equipamento que nelas se atopa despregado. Neste senso, hai un total de 305 persoas rexistradas e máis de 1500 usos ao longo desta tempada.
Mención especial merecen actividades como as dúas videoconferencias con Papá Noel, que acolleron a uns 70 cativos dos colexios Mar de Fóra, Areouta e Nosa Señora do Carme.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: