Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


ENTROIDO DE FISTERRA 2012

24-01-2012

Os actos previstos para celebrar o entroido 2012 no Concello de Fisterra son os seguintes:

SÁBADO, 18 DE FEBREIRO:
Ás 17:00h: Concentración das comparsas na Cruz de Baixar.
Ás 17:30h: Desfile pola vila rematando co pregón do Entroido 2012 na praza da Constitución a cargo de SANTI CANETA. Animación musical para todo o público.

DOMINGO, 19 DE FEBREIRO:
Ás 17:00h. Concurso de disfraces infantil na praza da Constitución. Tarde de xogos e bailes para todo o público.

PREMIOS:
.GRUPOS..........90€
(mín.3 e máx. 15 persoas)
.PARELLAS........60€
.INDIVIDUAL......30€

MARTES, 21 DE FEBREIRO:
Tradicional concurso de comparsas, ás 18:00h na praza da Constitución. Tamén se fará entrega dos premios do Rei e da Raíña do Entroido 2012.

PREMIOS:
PRIMEIRO PREMIO.........1.500€
SEGUNDO PREMIO..........1.200€
TERCEIRO PREMIO...........900€

O resto das comparsas participantes terán unha axuda económica de 300€.
Nota: No caso de mal tempo realizarase todo no pavillón municipal.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: