CATRO COMPARSAS COMPETIRÁN NO ENTROIDO FISTERRÁN
17-02-2012
O Entroido fisterrán,o rei do entroido da Costa da Morte xa ten todo organizado para recibir as catro comparsas participantes deste ano.Son preto de 4.000 euros os que se reparten cada ano na vila do Cristo.O sábado ás 17:30 horas comezará o desfile de comparsas dende a Cruz de Baixar rematando na praza da Constitución co pregón a cargo de SANTI CANETA.
O domingo o turno é dos máis pequenos co CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL.Será ás 5 da tarde na praza.
A Comparsa do Rombos, disfrazados de duendes e fadas,serán os primeiros en concursar o vindeiro martes ás 6 da tarde na praza da Constitución.
O segundo turno correspóndelle a Comparsa Costa da Morte A.C.B ,novidade este ano no concurso, disfrazados de Astérix e Obélix, con máis de 50 membros.
O Fogar do pensionista serán os terceiros en actuar con 26 membros e disfrazados de sevillanos.
E o broche final e a ritmo de salseros, será a cargo da comparsa de Buxantes Calidade, considerada como unha comparsa máis do municipio , debido a súa longa traxectoria no Entroido fisterrán.
O xurado estará composto por membros de prensa e radio da Costa da Morte, coñecedores todos eles das noticias da vila.
Pois a cita para desfrutar dunha tarde cargada de risas e espectáculo será o vindeiro martes ás 6 da tarde na praza da Constitución.
No caso de chuvia realizaráse todo no pavillón municipal.
Ven ao Entroido fisterrán, o rei do entroido!!!