ACTIVIDADES CULTURAIS SEMANA SANTA 2012
23-03-2012
-EXPOSICIÓN DO V PREMIO DE ARTE GRÁFICO JESÚS NÚÑEZ.30 obras ocuparán as instalación do Faro de Fisterra do 5 ao 16 de abril colaborando o Concello de Fisterra coa Deputación provincial na homenaxe ao labor feito por este artista multitudinario, destacando o talento e a creatividade dunha vida entregada a Arte.
A través das 30 obras da mostra, e grazas á visión de artistas alemáns, arxentinos, búlgaros, franceses, mexicanos e romaneses, o público poderase embarcar nunha apaixonante viaxe na que quedará seducido por un amplo e variado percorrido de cores e trazos de todo tipo.
O obxectivo é promocionar e achegar a arte e a cultura e que os veciños e turistas visiten a exposición e descubran todos os segredos que se esconden detrás do mundo da estampa.
-II EXHIBICIÓN DE DANZA TRADICIONAL
Realizarase o 1 de Abril, Domingo de Ramos, organizada pola Anpa Nosa Señora do Carmen en colaboración co Concello de Fisterra.
A cita será ás 18:00 horas no paseo da Ribeira onde a danza e a música galega engalanarán unha tarde de festa.