Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

04-05-2012

O Concello de Fisterra celebrará o mes das Letras Galegas cos seguintes actos:

XOVES, 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
POLA MAÑÁ.- De 11:00 a 13:30 horas TITEREHOP
No salón de actos do Concello de Fisterra. Inscricción antes do 15 de maio no Departamento de cultura ou no teléfono 981.74.00.01 Ext 1.
Obradoiro para adolescentes de 13 a 17 anos.
Céntrase no uso da lingua galega en accións coma o hip-hop.
1º Obradoiro de HIP-HOP (Historia, dinámica e letras)
2º Obradoiro de expresión plástica.
3º Posta en escena e elaboración dun video.

POLA TARDE.- Ás 17:00 horas RECITAL POLIPOÉTICO E MONÓLOGO CÓMICO.
No salón de actos do Concello de Fisterra. Recital poético a partir da obra de Valentín Paz Andrade e Celso Emilio Ferreiro. A continuación monólogo cómico a cargo de Pedro Brandariz sobre a lingua e a cultura galega.

SÁBADO, 19 DE MAIO:
POLA MAÑÁ.- Ás 12:00 horas “O SR. DAS DUNAS”
No salón de actos do Concello de Fisterra. Espectáculo de animación con area. 5 contos galegos, un vello náufrago contador de historias e o seu discípulo que as ilustra nunha gran pantalla con area.
Destinado a público xeral.

SÁBADO , 26 DE MAIO:
POLA MAÑÁ.- Ás 11:00 horas “GALEGO DE CINE”
No Porto de Fisterra.
Unha caravana onde se proxectará curtas de animación en galego.Terán ocasión de participar nunha serie de actividades que lles permitirán ter un papel activo no seu achegamento ao cine na nosa lingua.Os resultados destes traballos poden verse na canle de Youtube Galego de Cine.
Inscrición antes do 24 de maio no telf: 981.74.00.01 ext 1
Destinado a nen@s de 6 a 12 anos.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: