CLAUSURA DEPORTIVA CURSO 2011-2012
06-06-2012
O Concello de Fisterra celebra este venres día 8 ás 16:00h da tarde no polideportivo municipal a clausura deportiva do curso 2011/2012.Na festa poderase ver o traballo realizado durante todo ano polos rapaces e rapazas anotadas nas escolas deportivas do concello.
Esta clausura estara chea de exhibicións.
Os cativos amosaran as súas virtudes futbolísticas disputando un partido de fútbol, teremos magníficas coreografías tanto de patinaxe coma de baile moderno, disfrutaremos dunha exhibición de Acrosport chea de distintas figuras humanas coordinadas entre si e ambientadas con boa música, faráse entrega das medallas e trofeos logrados durante toda a tempada 2011/12.
Para finalizar a festa deportiva os rapaces e rapazas poderán disfrutar dunha merendola despedindo asi o curso deportivo de inverno que contou con mais de 500 usuarios e dando a benvida o curso de verán.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
16:00h. Voleibol Adultos-E.M.V.
16:30h. Fútbol Sala Prebenxamíns
16:55h BAILE BATUKA (TODOS )
17:05 Fútbol Sala Benxamíns
17:20 BAILE BATUKA (MAIORES)
17:25 Exhibición de Patinaxe(Turno Martes 1)
17:35 BAILE MAIORES
17:45 Exhibición de Patinaxe(Turno Martes 2)
17:50 Exhibición de Patinaxe
(1º Turno Mércores)
18:00. ACROSPORT
18:25h. Entrega de medallas fútbol Benjamín y Trofeo para os de Badminton
18:50h. .MERENDOLA E FIN DE FESTA