Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS

19-06-2012

A programación das actividades deportivas que se van a celebrar durante o verán do 2012 son as seguintes:

-TALLER DE BATUKA E BAILE MODERNO:
Durante o mes de xullo e agosto coa colaboración de Cesar Louzán Ferrío.
Destinado a: Rapaces que cursan dende 2º de E.I. ata 6º de E.P., rapaces da E.S.O. e Bacharelato ata 25 anos.
Estilos: Iniciación al Funky, jazz contemporáneo e coreografías de música actual.

-TORNEO DE TENIS.
Dirixido a nen@s que cursan dende 6º de E.P. en adiante. Do 20 ó 30 de agosto. O torneo dividirase por categorías.
A data límite de inscrición para o torneo de tenis é ata o 22 de xullo.

-CURSOS DE NATACIÓN: Iniciación e Perfeccionamento.
Para nenos que cursan dende 2º de infantil ata 6º de E.P.(ambos incluidos).
Os días do curso son:
-Piscina: 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de xullo.
A cuota de inscrición é de 10 euros por persoa correspondentes á entrada a piscina.

-DÍA DA BICI.
O 31 de xullo a partir das 11:00h. no campo da igrexa. Circuíto pechado, non sairán a estrada. Dirixido a nen@s que cursan dende 1º de E.P. ata 4º da E.S.O.

-TRIMARATÓN INFANTIL 2012.
Dirixio a nen@s que cursan dende 1º de E.P. ata 2º de E.S.O.(ambos incluidos).
Do 9 de xullo ó 27 de xullo na praia da Langosteira polas mañáns.
O martes, 25 de xuño farase unha reunión no antigo salón de plenos para facer os equipos.
Os deportes que se van a practicar son fútbol praia, volei praia e brilé.

-DÍA DO XOGO.
Destinatarios: nenos que cursan dende 2º de infantil ata 2º de primaria(ambos incluidos).
Día: Luns, 30 de xullo no antigo salón de plenos.
Faranse dous turnos:
-4 e 5 anos: de 11:00 a 12:00h
-1º e 2º de E.P. de 12:00 a 13:00h


CURSOS DE VELA:
Destinatarios: Rapaces/as entre 9 e 18 anos do luns 9 de xullo ata o venres 13 de xullo.
Faránse dous turnos:
Grupo A: de 10:00 a 14:00h
Grupo B: de 16:00 a 20:00h
Cuota de inscrición: 25 euros
Prazo de inscrición: no Concello de Fisterra ata 7 días antes do comezo da actividade.


INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN: Do 19 ó 25 de xuño na oficina municipal de deportes do Concello de Fisterra, en horario de 10:00 a 12:00. Máis información no tle. 981740001.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: