Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILLAS/OS MENORES DE 3 ANOS

18-03-2014

A Consellería de Traballo e Benestar concede unha prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014, da que poden ser beneficiarios/as todos aqueles/as que teñan fillos/as menores de tres anos na data 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 2/1/2011 e o 1/1/2014, incluídos) e fillos/as (adoptados ou acollidos entre o 31/12/2010 e 31/12/2013).
Serán beneficiarios desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2012.

Para obter a axuda, será requisito imprescindible que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia e que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
A prestación consistirá nun pagamento único de 360 € por cada fillo/a menor de tres anos.

PRAZO:Remata o vindeiro 26 de abril de 2014.

INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN:No departamento municipal de Servizos Sociais (Educación Familiar), en horario de 9 a 13 horas.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: