BASES CONCURSO INFANTIL
16-01-2014
O Concurso infantil de disfraces do entroido de Fisterra vaise celebrar o domingo 2 de marzo na praza da Constitución e establécense as seguintes bases:-CATEGORÍA INDIVIDUAL:
.Primerio premio: 30€ máis trofeo
.Segundo premio: 25€ máis trofeo
-CATEGORÍA PARELLAS:
.Primerio premio: 60€ máis trofeo
.Segundo premio: 30€ máis trofeo
-CATEGORÍA GRUPOS:
.Primerio premio: 90€ máis trofeo
.Segundo premio: 50€ máis trofeo
Na categoría de grupos mínimo 3 persoas e máximo 20 dentro do cal tense que realizar unha pequena actuación sexa u baile, unha canción, parodia,...
Os motivos a puntuar nas tres categorías serán os seguintes:
DISFRACE, MAQUILLAXE E ORIXINALIDADE.
O ditame do xurado será inapelable. A puntuación será do 1 ao 10, sendo o un a puntuación máis baixa e o dez a máis alta.
INSCRICIÓN: O domingo 2 na praza da Constitución de 16:30 a 17:15h e no caso de mal tempo realizarase no pavillón municipal.
Os grupos que se presenten poden participar no desfile de comparsas do sábado día 1.