Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN

27-06-2014

A programación das actividades deportivas que se van a celebrar durante o verán do 2014 son as seguintes:

-CURSOS DE NATACIÓN: Iniciación e Perfeccionamento.
Para nenos que cursan dende 2º de infantil ata 6º de E.P.(ambos incluidos).
Os días do curso son:
-Piscina: 8, 10, 15, 17, 22, e 24 de xullo.
A cuota de inscrición é de 10 euros por persoa correspondentes á entrada a piscina.

-DÍA DA BICI.
O 31 de xullo a partir das 11:00h. no campo da igrexa. Circuíto pechado, non sairán a estrada. Dirixido a nen@s que cursan dende 1º de E.P. ata 4º da E.S.O.

-TORNEO DE TENIS.
Dirixido a nen@s que cursan dende 6º de E.P. en adiante. Do 4 ó 8 de agosto. O torneo dividirase por categorías e as categorías faranse conforme os inscritos.
A data límite de inscrición para o torneo de tenis é ata o 1 de agosto.

-TRIMARATÓN INFANTIL 2014.
Dirixido a nen@s que cursan dende 1º de E.P. ata 2º de E.S.O.(ambos incluidos).
Do 7 de xullo ó 24 de xullo na praia da Langosteira polas mañáns.
O xoves, 3 de xulo farase unha reunión no antigo salón de plenos para facer os equipos.
Os deportes que se van a practicar son fútbol praia, volei praia e brilé.

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN: Do 1 ó 6 de xullo na oficina municipal de deportes do Concello de Fisterra, en horario de 10:00 a 12:00. Máis información no tle. 981740001.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: