NADAL CULTURAL
29-11-2006
O Departamento de Cultura do Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades para as festas do Nadal:-Mostra de Artesanía e Xornadas Gastronómicas: Do 6 ao 10 de decembro no Faro de Fisterra.
-Festival de Unicef: 8 de decembro, ás 19:00h no Pavillón Municipal.
-Taller de adornos navideños: O 16 de decembro para os máis pequenos, ás 17:00h no Salón de Actos do Concello.
-Concurso de Contos de Nadal: O 24 de decembro para os nenos de 6 a 15 anos, ás 16:00h na Biblioteca Municipal.
-A Maxia do Nadal coa actuación de Chrystyan Magic: O 30 de decembro ás 18:00h no Pavillón Municipal.
-Cabalgata dos Reis Magos: O 5 de xaneiro. Pola mañán (12:00h) desfile polas aldeas e durane a tarde (16:30h) desfile por Sardiñeiro e todo o municipio. Ademáis haberá entrega de caramelos no porto de Fisterra.