Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


FEBREIRO DE TROULA EN FISTERRA

27-01-2015

Os actos previstos para celebrar o entroido 2015 no Concello de Fisterra son os seguintes:

VENRES, 13 DE MARZO:
.Ás 10:30h. Desfile dos colexios Mar de Fóra, Escola Infantil Galiña Azul e CEIP Areouta.
.Ás 15:30h. Desfile do Colexio Nosa Señora do Carmen.

SÁBADO, 14 DE FEBREIRO:
.Ás 17:00h: Concentración das comparsas na Cruz de Baixar.
.Ás 17:30h: Desfile das comparsas pola vila de Fisterra. Pregón do Entroido 2015 a cargo do presentador, músico, actor e humorista Paco Lodeiro na praza da Constitución.

DOMINGO, 15 DE FEBREIRO:
.Ás 17:30h. Concurso de disfraces infantil no pavillón municipal.

PREMIOS:
-Categoría individual:
.Primeiro premio.......30€
.Segundo premio......20€
-Categoría parellas:
.Primeiro premio......60€
.Segundo premio.....50€
-Categoría grupos:(mín.3 e máx.20 persoas con obligación de facer unha pequena parodia, baile, canción...)
.Primeiro premio......90€
.Segundo premio.....80€
O lugar de inscrición será no pavillón municipal ese mesmo día de 16:30 a 17:30h.
Animación da festa a cargo da compañía Duendesico.

MARTES, 17 DE FEBREIRO:
Tradicional concurso de comparsas, ás 18:00h no pavillón municipal. Tamén se fará entrega dos premios do Rei e da Raíña do Entroido 2015.

PREMIOS:
PRIMEIRO PREMIO........1.500€
SEGUNDO PREMIO..........1.200€
TERCEIRO PREMIO............900€


O resto das comparsas participantes terán unha axuda económica de 300€.

SÁBADO, 21 DE FEBREIRO: Enterro do Polbo.
.Ás 17:00h, a Comitiva fúnebre partirá do porto de Fisterra.
.Ás 18:00h, Funeral na praza da Constitución. A continuación, enterro na praia da Ribeira
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: