RELACIÓN PROVISIONAL PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO OBRADOIRO
07-08-2014
Vistas as puntuacións obtidas na fase de baremación e na entrevista, o grupo de traballo determina as puntuacións totais que os aspirantes obteñen no proceso selectivo de persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego "Camiño do Solpor" e que se poden consultar no seguinte enlace:Relación provisional do persoal directivo, docente e de apoio
As alegacións poderán presentarse dende o 08/08/2014 ata o 13/08/2014, ambos incluídos, no rexistro municipal do Concello de Cee, ou por calquera dos medios que establece o artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común como alternativa á presentación no rexistro municipal.