CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2015
15-05-2015
Un ano máis a Deputación da Coruña organiza campamentos deportivos destinado a rapaces e rapazas residentes na provincia e nados nos anos:Grupo A: 2005, 2004, 2003, 2002 e 2001
Grupo B: 2000, 1999 e 1998
Contarán cun amplio programa de actividades para ambos grupos: Deportes náuticos, equitación, paseos a cabalo, multiaventura, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco, tenis, voleibol praia, fítbol 7, baloncesto, voleibol, batuka, capoeira, hip-hop,...
Para o grupo B: Xunto co deporte, tamén haberá talleres de inglés (nivel advanced)
Os nen@ss de Fisterra correspondelle a 3º quenda do 12 ó 18 de xullo.
INSCRICIÓN: No departamento de Deportes do Concello de Fisterra.
INFORMACIÓN:No propio Concello ou no Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña no tle. 981080327, E-mail: gabinete.deportes@dicoruna.es.
Maís información na web:www.dicoruna.es
PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CONCELLOS: 29 de maio.