Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN 2015

17-06-2015

A programación das actividades deportivas que se van a celebrar durante o verán do 2015 no Concello de Fiseterra son as seguintes:

-CURSOS DE NATACIÓN: Iniciación e Perfeccionamento.
Para nenos que cursan dende 2º de infantil ata 6º de E.P.(ambos incluidos).
Os días do curso son:
-Piscina: 7, 9, 14, 16, 21, e 23 de xullo.
A cuota de inscrición é de 10 euros por persoa correspondente á entrada a piscina.

-TALLER DE XOGOS.
Durante a segunda quincena de agosto na praza do Concello celebrarase un torneo de xogos populares: hula hoop, comba, cadro, chapas...
Dirixido a nenos de 6 a 12 anos os mércores e venres.

-DÍA DA BICI.
O 28 de xullo a partir das 11:00h. no campo da igrexa. Circuíto pechado, non sairán a estrada. Dirixido a nen@s que cursan dende 1º de E.P. ata 4º da E.S.O.

-MASCOTA DEPORTIVA.
Dirixido a nen@s que cursan dende 1º de E.P. en adiante.
Dividiranse en 2 categorías: Infantil e Senior
Lugar e hora: Salón de actos de 11:00 a 12:30h

-TRIMARATÓN INFANTIL 2015.
Dirixido a nen@s que cursan dende 1º de E.P. ata 4º de E.S.O.(ambos incluidos).
Do 6 de xullo ó 31 de xullo na praia da Langosteira polas mañáns.
O xoves, 2 de xulo farase unha reunión no antigo salón de plenos para facer os equipos.
Os deportes que se van a practicar son fútbol praia, volei praia e brilé.

-PILATES.
Durante o mes de xullo, turnos de mañán na sala polivalente.
Prazo de inscrición: Dende o 27 ó 31 de xuño

-BATUDANCE.
Durante a segunda quincena de Agosto. Turnos de manán na sala polivalente.
Prazo de inscrición: Dende o 27 ó 31 de xuño

-FÚTBOL DE VERÁN.
Máis información no Concello de Fisterra ou en www.dajosto.com

-TORNEO DE TENIS: NENOS E ADULTOS
Dirixido a nen@s que cursan dende 6º de E.P. ata 4º E.S.O. Do 3 ó 13 de agosto. O torneo dividirase por categorías e as categorías faranse conforme os inscritos.
A data límite de inscrición para o torneo de tenis é ata o 31 de xullo.

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN: Do 22 ó 26 de xuño na oficina municipal de deportes do Concello de Fisterra, en horario de 09:30 a 12:30. Máis información no tle. 981740001.

Tríptico parte exterior

Tríptico parte interior
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: