PROGRAMACIÓN FÍSICA E DEPORTIVA
21-12-2006
Actividades programadas para o mes de decembro:1. Torneo de Voleibol:
-Organiza: Concello de Fisterra.
-Dirixido a maiores de 13 anos.
-Os días 22 e 29 de decembro, no Pavillón Municipal.
-Equipos de 8 xogadores/as, obrigatorio ter 3 xogadores/as infantís ou cadetes en pista.
-Inscribirse na oficina municipal de deportes antes do 20 de decembro, de 10:00 a 13:30h.
2. Torneo de Tenis:
-Organiza: Concello de Fisterra.
-Dirixido a maiores de 8 anos.
-Do 26 ao 29 de decembro no Pavillón Municipal.
-Anotarse na oficina municipal de deportes antes do 21 decembro de 10:00 a 13:30h.
3. Saída a pista de xeo de Carballo:
-Organiza o Concello de Fisterra.
-O 27 de decembro.
-Dirixido os nenos/as inscritos na E.M. Patinaxe-Perfeccionamento.
-Inscribirse antes do 15 de decembro, na oficina municipal de deportes.
4. Concentración Comarcal de Bádminton:
-Organiza: Clube Deportivo "Costa da Morte".
-O 28 de decembro en Camariñas
-Dirixido a nenos/as inscritos na E.M. de Bádminton.
-Categorías: Benxamín, alevíns, infantís e cadetes.