Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


FESTAS PATRONAIS NA HONRA A VIRXE DO CARME

21-08-2015

Os actos previstos para a celebración das festas patronais na honra a Virxe do Carme de Fisterra son:

-Domingo, 6 de setembro: San Roque
Ás 11:00h procesión polas rúas da vila, acompañada pola banda "Desiderio Paz de Fisterra", a continuación misa solemne na Igrexa parroquial de Santa María das Areas.
Sesión vermú coa orquestra "Ceniza"
A partir das 18:00h na Rúa Real "Trofeo Alexandre Fisterra no fin do mundo" (Campionato de futbolín para todas as idades)
Pasarrúas a cargo do "grupo de gaitas Brasas".
Pola noite actuación da orquestra "Ceniza" e "discoteca móvil CDC"

-Luns, 7 de setembro: Virxe do Carme
Ás 10:30h procesión polas rúas da vila acompañada pola banda de música de Negreira, a continuación misa solemne na lonxa de Fisterra e o rematar tradicional procesión marítima.
Sesión vermú coma orquestra "Limón"
Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas "Pedras Miúdas de Lires".
Ás 19:00h na Praza da Constitución, concerto da "Tuna de Veteranos de A Coruña".
Ao chegar a noite actuación das orquestras "Limón" e "Pontevedra".

-Martes, 8 de setembro: Santa María das Areas.
Ás 11:00h procesión polas rúas da vila acompañada pola "banda Municipal de Cee", a continuación misa solemne na Igrexa Parroquial.
Sesión vermú coa orquestra "Venecia".
A partir das 16:00h na Praza da Constitución xogos para os máis cativos, gran festival infantil
A noite actuación da orquestra "Venecia" e "discoteca movil CDC"

Todos os actos relixiosos estarán acompañados polo coro parroquial Sta. María das Areas de Fisterra
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: