INGRESO ESCOLA INFANTIL FISTERRA
31-07-2015
De acordo coas instruccións ditadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, ábrese un período comprendido entre o día 1 ao 31 de agosto de 2015 para que todas as persoas interesadas procedan a formalizar a oportuna solicitude de novo ingreso para a Escola Infantil no Rexistro Xeral deste Concello e coa finalidade da súa baremación no proceso extraordinario de setembro por parte da Xunta.As idades dos nenos/as comprende desde os 0 ata os 3 anos.
INFORMACIÓN: Departamento de Servizos Socias (Negociado de Educación Familiar) ou no tlf.:981740001.