PROGRAMA: “TRASMALLOS DA CULTURA”
14-09-2015
A Concellaría de Cultura e Educación do Concello de Fisterra ven de presentar aos centros escolares da comarca o programa “Trasmallos da Cultura”, un proxecto co que pretende poñer en contacto a creadores e productores locais no eido da cultura cos centros escolares da zona.Na primeira das actividades ofertadas, que ten o prazo de inscrición aberto ata o remate da vindeira semana, xa hai inscritos 125 alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora do Carme.
Presentación do programa "Trasmallos da Cultura"
Máis información: Concellaría de Cultura e Educación do Concello de Fisterra no tlf:981740001