TEATRO: SEDE DE MAL
03-11-2015
A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra organiza o sábado 21 de novembro as 7 da tarde no salón de actos do Concello unha tarde de teatro coa obra: Sede de Mal.Logo do seu éxito en Matalobos e de xirar con Gaivotas Subterráneas, Luis Iglesia B. e Xabier Deive dan renda solta ao seu lado mais salvaxe e divertido e presentan Sede de Mal, unha comedia a 12 cordas sobre o lado escuro da vida ... Sinónimos e sinónimas estes dous anónimos quedaron sen vacacións para ofrecerlle o seu público unha comedia da vida, unhas ensinanzas evanxélicas,un "leit motiv" para non ser un pinpin. Humor, teatro, música ao vivo con blues e rock and roll "á galega" cos dous dos personaxes mais importantes da escena galega dos últimos anos. Unha produción co selo de calidade de BONECA LARETA que chega da man de CULTURACTIVA.
Obra dirixida ó público adulto cunha duración de 70 minutos.
Dirección: Pseudonimo.
Autores: Carlos Santiago, Luis Iglesia B. e Xavier Deive
Elenco: Luis Iglesia B. e Xavier Deive.