COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA
13-10-2015
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca máis de 500 prazas de avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada no DOG nº 145 do 13 de outubro, está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.INSCRICIÓN: Do mércores 14 ata o mércores 21. O exame en Fisterra será o venres 27 de novembro ás 10:00.
NFORMACIÓN: Na ligazón https://cemit.xunta.es/gl/node/6369 ou na Aula CeMIT Fisterra no tlf.:673081740