RECLAMACIÓN POR CORTES NO SUMINISTRO
25-11-2015
Fisterra presenta unha reclamación ante a Consellería de Industria pola recorrencia nos cortes de subministro eléctrico que sofre o Concello.Dirixe escrito á Subdirección Xeral de Enerxía, ente responsable de velar por que se garanta a calidade de subministro eléctrico das redes de distribución que operan as compañías eléctricas.
Xan Carlos Sar, responsable de Protección Civil, trasládalle ao departamento de Industria o malestar que causa aos 5.000 habitantes de Fisterra, e dos prexuízos sobre os negocios e comercios, hostalería, pequenas cetarias, instalacións portuarias, etc .
Poden ler o texto completo na seguinte ligazón:
Nota prensa cortes de luz