BASES CONCURSO DE COMPARSAS
29-01-2007
En relación coa celebración do Entroido de Fisterra 2007, establécense tres premios para as comparsas que se presenten a concurso, que se vai a celebrar o 20 de febreiro na Praza da Constitución ás 18:00h., conforme as seguintes bases:1º.- Cuantía dos premios:
-PRIMEIRO PREMIO............1.500,00€
-SEGUNDO PREMIO.............1.200,00€
-TERCEIRO PREMIO............ 900,00€
Que se destinarán ós calificados por orden de maior puntuación. En caso de empate, o xurado decidirá nunha nova votación a comparsa gañadora.
O RESTO DAS COMPARSAS PARTICIPANTES TERÁN UNHA AXUDA ECONÓMICA DE 300,00€
2º.-Os motivos a puntuar serán os seguintes:
a) PRESENTACIÓN (Disfraces, maquillaxe,...)
b) CALIDADE ARTÍSTICA (Execución da música, posta en escea,...)
c) CONTIDO DAS CANCIÓNS OU LETRAS
3º.-A puntuación será do 1 o 10 para cada motivo. A suma dos puntos obtidos outorgará a clasificación
4º.-O ditame do xurado será inapelable.
5º.-Establécese a condición na que as comparsas anotadas están na obriga de participar no desfile que se celebrará o sábado 17 de febreiro.
6º.-Lugar de inscripción: Nas oficinas do Concello en horario de 8:30 a 14:30h antes do 5 de febreiro