FASE INTERCOMARCAL DE FÚTBOL SALA
09-05-2007
O equipo Benxamín do Concello de Fisterra xogará, o próximo sábado 12 de maio, o Campionato Intercomarcal Benxamín de Fútbol Sala. Deporte en Idade Escolar, despois de quedar campións na Liga Comarcal "Costa da Morte".Disputará o primeiro partido ante o Concello de Negreira, no pavillón Pilar Barreiro, ás 11:00h.
O resultado deste partido condicionará que o equipo fisterrán xogue a final ou o terceiro e cuarto postos ás 13:00h. contra o Auto Escola Riveira ou o S.C.R.D. Esteirana.
Por outra banda, o equipo desta mesma entidade acadou o 4º posto no Campionato Provincial, xogado o pasado fin de semana no pavillón Elviña II de A Coruña.