I CERTAME DE RELATO CORTO E POESÍA
17-03-2008
O Concello de Fisterra convoca o I Certame de relato corto e poesía con motivo da celebración das Letras Galegas 2008.BASES:
1.Poderán participar tódolos fisterráns con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos formando unha categoría e os de entre 19 a 35 anos formando outra.
2.Cada autor deberá presentar a súa obra en galego e por duplicado, firmada e con pseudónimo. Xuntará en sobre pechado os seus datos persoais (nome, apelidos, D.N.I. e teléfono de contacto).
3.A extensión dos relatos non excederá das oito páxinas e os poemas serán de 60 versos como máximo.
4.A temática é Libre.
5.Premios
-Modalidade Relato Corto: 1º Premio 100€ para o gañador da categoría de entre 13 e 18 anos e diploma acreditativo e 200€ para o gañador da categoría de entre 19 a 35 anos e diploma acreditativo.
Modalidade Poesía: 1º Premio 100€ para o gañador da categoría de entre 13 e 18 anos e diploma acreditativo e 200€ para o gañador da categoría de entre 19 a 35 anos e diploma acreditativo.
A entrega de Premios celebrarase nun acto previsto para todo aquel que desexe asistir o 17 de Maio do presente ano ás 20:00h no salón de sesións do Concello de Fisterra.
6. O xurado será designado libremente polo Concello de Fisterra e estará composto por representantes do mundo da literatura e da cultura en xeral.
7. O dictame do xurado será inapelable.
8. Unha copia das obras quedará nos arquivos do Concello e a outra será devolta ao seu autor.
9. Os escritos presentaranse antes do 9 de Maio no departamento de Cultura do Concello de Fisterra en horario de 9:00h a 14:00h.