EXPOSICIÓNS NO FARO DE FISTERRA
04-04-2008
Durante os meses de abril e maio están previstas as seguintes exposicións no faro de Fisterra:-Do 3 de abril ao 7 de maio:
"O desafío das ondas" e "Mascarón Azul".
Exposición baseada nestes dous libros editados pola Autoridade Portuaria da Coruña. Isto faise en apoio á candidatura da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.
-Do 2 ao 15 de maio:
Exposición do pintor Alfredo Pirucha.
Este artista naceu en Sanxenxo no ano 1982 de formación autodidacta, foi seleccionado como Talentoso polo Diario EL PAÍS e a súa obra foi elexida no I Premio de Pintura Paco Merino (2006), Granollers-Barcelona
-Do 19 ao 31 de maio:
"100 Anos do Himno de Galicia". Exposición itinerante posta en marcha polo Concello xunto coa Fundación Iniciativas 21