FESTAS PATRONAIS E DO CARMEN
18-08-2008
Con motivo das Festas Patronais e do Carme na vila de Fisterra, están programadas as seguintes actuacións:Luns, 8 de setembro(Festividade da Patrona "Nosa Señora das Areas"):
-Ás 11:00h, Procesión da Patrona acompañada pola Banda de Música municipal de Cee e posterior Misa Solemne na Igrexa Parroquial.
-Ás 14:00h, sesión vermú coa Orquesta “ACORDES”.
-Pola noite, actuarán as orquestas "ACORDES" E "VERDEMAR" e a actuación estelar de DANI MATA (Lamento Boliviano)
Martes, 9 de setembro (Festividade da Virxe do Carme):
-Ás 10:30h, procesión e misa solemne na nova lonxa de peixe na honra a Nosa Señora do Carme acompañada da Banda Militar do Tercio Norte de Ferrol e bendición de embarcacións rematando coa espectacular traca de fogos.
-Sesión vermú coa orquesta "SUPER COMBO"
-Ás 19:00h, Tradicional desfile militar na praia da Ribeira.
-Pola noite: Orquesta “SUPER COMBO” e "CUNTERS"
Mércores, 10 de setembro (Festividade de San Roque):
-Pasarrúas coa Banda de Gaitas e Tambores “Desiderio Paz” de Fisterra.
-Durante todo o día estará na praza INFANTILANDIA.
-Ás 11:00h, Procesión na honra a San Roque e posteriormente misa solemne na Igrexa parroquial.
-Ás 14:00h, sesión vermú coa Orquesta “NUEVA MODA”.
-Pola noite:Remate das festas coas Orquestas “NUEVA MODA” e “SOLARA”