SEMANA SANTA DE FISTERRA
13-03-2009
Semana Santa (Declarada de Interese Turístico Nacional)Marzo de 2009
Xoves, 2: Comeza a novena ó Santísimo Cristo e Virxe das Dores ás 20:00h.
Venres, 3: Ás 20:00h. Novena e misa solemne á Virxe das Dores.
A continuación a tradicional Procesión da Soidade, acompañada pola Banda Eduardo Pondal de Ponteceso.
Domingo, 5:Ás 11:15h na Capela do Bo Suceso, a Bendición de Ramos e procesión ata a Igrexa Santa María das Areas onde se celebrará a Santa Misa.
Xoves Santo, 9: Ás 20:00h na igrexa parroquial representarase a Última Cea e lavatorio de pés. A continuación, Oración do Horto e Procesión á que acompañará a Banda Airiños de Corbeiro.
Venres Santo, 10: Ás 11:30 h. Na praza de Santa Catalina comeza o Vía Crucis. . Na praza da Constitución o Santo Encontro seguindo ata a Igrexa Parroquial. Acompañará a procesión a Banda Eduardo Pondal de Ponteceso.
Pola tarde ás 20:00h Liturxia do Día. A continuación o ACTO DO DESENCRAVO.
Seguidamente terá lugar a procesión do Santo Enterro, considerada unha das de maior tradición de Galicia. Será acompañada polas Bandas de Santa Cruz de Rivadulla, Eduardo Pondal de Ponteceso e Desiderio Paz de Fisterra.
Sábado, 11: Ás 21:00h Vixilia Pascual na Igrexa Parroquial Santa María das Areas.
Domingo de Resurreción, 12: FESTA DO CRISTO. Ás 12:00h. Escenificación da Resurreción do Señor. A continuación Gran Traca de Bombas de Palenque en forma de proclama ó mundo enteiro “ALELUIA”.Acompaña a Banda de Música de Vilatuxe (Lalín). Misas ás 8:30, 9:30 e 10:30 h.
Luns, 13: Ás 12:00 h. Misa solemne polos devotos do Santo Cristo.