DENDE BOHEMIA DO SUR ATA A FIN DO MUNDO
27-05-2009
O Concello de Fisterra xunto coa colaboración do Centro Checo e a Embaixada da República Checa conmemoran a chegada a Fisterra no s.XV do nobre Lev de Rozmital que por encargao do Rei Jorge de Podebrady difundiu por toda Europa unha mensaxe de paz.Data: 30 de Maio de 2009
Asistentes:
-Sr D. Martin Kosatka, Embaixador de República Checa en España.
-Sra. Dª. Irena Krasnicka, Directora da Academia Diplomática do Ministerio de Asuntos Exteriores da República Checa.
-Sra. Dª Svetlana Barinová, Segunda Secretaria da Embaixada da República Checa.
-Sra.Dª Adriana Krásova, Directora do Centro Checo en España
-Sra. Dª Iveta Gonzalezová, Adxunta á dirección do Centro Checo en España.
-Sr. D. Jesús María Gamillo Aller, Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.
-Sr. Dª Mª Carmen Pardo López, Secretaria Xeral para o turismo da Xunta de Galicia.
Programación:
-Ás 17:30h, peregrinación ao Faro e descubrimento dunha praca en honor a esta misión de paz. Punto de partida: Igrexa de Santa María das Areas.
-Ás 21:30h, no porto de Fisterra a compañía de teatro Divadlo Continuo baixo a dirección de Pavel Sourat e a escenografía de Helena Stouracová e Kristyna Patková, representará FINIS TERRAE, un espectáculo de rúa sobre apuntes do diario do s. XV relativos a viaxe de Lev de Rozmital e os cabaleiros checos ata a Fin do Mundo entre outros actos.
Este proxecto lévase a cabo cun equipo internacional de actores e actrices de España, Suiza, Italia e a República Checa.
A continuación, na praza da vila, celebrarase unha festa intercultural onde mesturaremos tanto o noso folklore como a nosa gastronomía.
Non faltará nin a cerveza checa nin o noso viño acompañado pola banda de gaitas O Rumbo