Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


VERÁN DEPORTIVO

28-05-2009

A programación de actividades deportivas que se van a celebrar durante o verán do 2009 son as seguintes:

-CURSOS DE NATACIÓN: Iniciación e Perfeccionamento.
Para nenos/as nacidos entre 1994 e 2003
Dende o 6 de xullo ao 1 de agosto, na praia da Ribeira.
Inscribirse antes do 26 de xuño. O 31 de xullo irase nadar a unha piscina.

-TRIMARATÓN INFANTIL.
Dirixido a nenos/as nacidos entre 1993 e o 2000.
Fáranse equipos de 5 xogadores para competir a fútbol, volei e brilé na praia durante o mes de xullo.
O 25 de xuño haberá unha reunión ás 12:00h na biblioteca e as inscricións poderanse facer ata ese mesmo momento.

-TORNEO DE TENIS.
Dirixido a nenos/as a partir do 2000.
Será no pavillón municipal do 3 ao 6 de agosto, ambos inclusive. Incribirse antes do 31 de xullo.

-DÍA DA BICI.
O 7 de agosto a partir das 11:00h. no campo da igrexa. Dirixido a nenos/as nacidos ente 1993 e 2000.
A inscrición será ese mesmo día.

-FESTIVAL DE BAILE.
O 27 de xullo a partir das 18:00h, na praia da Langosteira para tódalas idades, individual, en parellas ou grupos.
Poden anotarse nas oficinas municipais ou o propio día antes do torneo.

CAMPAMENTOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA:

1. CAMPAÑA DE VELA.
Para rapaces de 9 a 18 anos do 17 ao 21 de agosto.
Cota de inscrición: 25€
Inscición: Ata o 10 de xuño na oficina municipal de deporte.

2. CAMPAMENTOS DEPORTIVOS.
Para rapaces entre 9 e 13 anos do 12 ao 18 de xullo. O aloxamento será no colexio Calvo Sotelo da Coruña.
Inscricións: Ata o 19 de xuño na oficina municipal de deportes.
Cota: 85€
Nº de prazas: 5. Fárase un sorteo se hai máis anotados que prazas.

3. CAMPOS DE FÚTBOL.
Para rapaces entre 9 e 13 anos do 19 ao 25 de xullo. O aloxamento será na Residencia IES Cruceiros Baleares (Culleredo).
Inscricións: Ata o 26 de xuño na oficina municipal de deportes.
Cota: 75€
Nº prazas: 3. Fárase sorteo se hai máis anotados que prazas.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: